Amancio Prada
O vindeiro 27 de novembro, ás 20:00 h, o Auditorio de Marín acollerá un concerto de Amancio Prada con motivo do 50 aniversario do disco dedicado a Rosalía de Castro (1975-2025).
Entradas por reserva e numeradas, con prioridade para as persoas socias do Ateneo de Santa Cecilia.
Recollida de entradas no local do Ateneo, de luns a venres, de 18:00 a 20:30 h:
- Do 5 ao 30 de outubro: prazo para persoas socias.
- Do 2 ao 27 de novembro: prazo para o público xeral.
Para o público xeral será necesario presentar o DNI e recoller a entrada persoalmente. Entregarase unha entrada por persoa.